samoiedo -da

samoiedo -da

ruso samoed

Plural: samoiedos Masculino: samoiedo Masculino plural: samoiedos Feminino: samoieda Feminino plural: samoiedas
    1. s [ETN ]

      Pobo uraloaltaico, disperso pola tundra occidental, desde o río Pecora ata o río Katanga, que se agrupa en tribos, con familias de tipo patriarcal, rexidas por un xefe e pola autoridade espiritual do xamán.

    2. linguas samoiedas [LING ]

      Grupo de linguas uralianas que se estendeu por Siberia occidental e pola costa ártica da Rusia Europea.

    3. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo samoiedo, aos seus habitantes ou ás súas linguas.

    4. s [ETN ]

      Individuo do pobo samoiedo.

  1. s m [ZOOL ]

    Raza de cans criados en Siberia polo pobo homónimo, onde se utiliza como animal de tiro, de compañía, ou como can de pastor de renos.