salto

salto

lat saltu

Plural: saltos
  1. s m
    1. Acción e efecto de saltar.

    2. [DEP ]

      Proba atlética que consiste en acadar unha marca en altura ou en lonxitude.

  2. s m

    Distancia que se percorre ao dar un salto.

  3. s m

    Paso dunha cousa a outra ou un estado a outro sen transición.

  4. s m

    Descontinuidade ou oco nunha serie de cousas ou nas partes que forman un todo.

  5. s m [INFORM ]

    Alteración na execución secuencial das instrucións ou sentenzas dun programa.

  6. salto de auga [XEOG ]

    Desnivel brusco, natural ou artificial, dun curso de auga.

Refranes

  • A gran salto, gran crebanto.
  • Se salta a cabra na viña, tamén saltará a filla.