sala

sala

al *sal ‘edificio dunha soa peza de recepción’

Plural: salas
  1. s f
    1. Cuarto destinado a congregar moitas persoas.

    2. Cuarto principal dunha casa onde se adoita recibir visitas.

    3. Lugar espazoso onde se celebran as audiencias dunha autoridade ou tribunal.

  2. s f
    1. Cada unha das seccións administrativas ou xurisdicionais en que está dividido o Tribunal Supremo, a Audiencia Nacional e os tribunais superiores de xustiza.

    2. Conxunto de maxistrados que se reúnen corporativamente para xulgar e resolver os litixios sometidos á súa competencia.