sacerdotal
sacerdotal
lat sacerdotāle
-
adx
Relativo ou pertencente ao sacerdote ou ao sacerdocio.
-
código sacerdotal
[RELIX ]
Conxunto de fontes, documentos ou tradicións que configuran a base do Pentateuco. OBS: Tamén se denomina Priestercodex.
-
escritura sacerdotal
[ESCR ]
escritura hierática.
-
pregaria sacerdotal
[RELIX ]
Oración solemne que o Evanxeo de san Xoán pon en boca de Xesús durante a Última Cea e que forma parte do discurso de despedida.