roubar

roubar

lat v raubāre xerm raubōn ‘saquear’

  1. v t

    Coller algo alleo por medio de violencia ou engano. Tm abs. Tm fig.

  2. v t

    Apoderarse de algo non material que é doutra persoa.

  3. v t

    Reter a alguén en contra da súa vontade.

  4. v t

    Sacar proveito de algo que lle corresponde a outra persoa.

  5. v t

    Sacar a unha cousa algo que lle corresponde.

Sinónimos

Citas

  • Lograron desarticular unha rede que roubaba cans de raza
  • Loitaron para que non lle roubaran os seus dereitos laborais, Rouboulle o tema do seu próximo relato
  • O tendeiro rouba diñeiro no peso, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Non ir xantar aí que vos rouban, O mecánico rouba nos arranxos
  • Os estudos róubanlle moitas horas de sono, O recheo róuballe espazo ao mar
  • Roubáronme a carteira e deixáronme sen un céntimo, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Asegúroche que non roubei nunca

Refranes

  • Bens mal adquiridos a ninguén enriqueceron.
  • Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña.
  • Gran roubado non arrequece no sementado.
  • O atopado non se pode dicir que é roubado.
  • Ó cuco non Ile cuques e ao ladrón non lle furtes.
  • O que come cabrito e cabra non ten, de algures lle vén.
  • O que de alleo se viste, na rúa o ispen.
  • O que rouba ao ladrón ten cen anos de perdón.
  • Os que cabritos venden e cabras non teñen ¿de onde lles veñen?
  • Quen rouba a un ladrón, gaña cen anos de perdón.
  • Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da igrexa.
  • Vale máis pedilo que roubalo.
Conjugar
VERBO roubar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubo
roubas
rouba
roubamos
roubades
rouban
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubaba
roubabas
roubaba
roubabamos
roubabades
roubaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubei
roubaches
roubou
roubamos
roubastes
roubaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubara
roubaras
roubara
roubaramos
roubarades
roubaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubarei
roubarás
roubará
roubaremos
roubaredes
roubarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubaría
roubarías
roubaría
roubariamos
roubariades
roubarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roube
roubes
roube
roubemos
roubedes
rouben
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubase
roubases
roubase
roubasemos
roubasedes
roubasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubar
roubares
roubar
roubarmos
roubardes
roubaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rouba
-
-
roubade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubar
roubares
roubar
roubarmos
roubardes
roubaren
Xerundio roubando
Participio roubado
roubada
roubados
roubadas