romano -na

romano -na

lat romānu

Plural: romanos Masculino: romano Masculino plural: romanos Feminino: romana Feminino plural: romanas
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.

    2. s

      Natural ou habitante de Roma.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo romano.

    2. s

      Individuo do pobo romano.

    3. s

      Pobo de raza indoeuropea habitante da cidade de Roma.

    1. adx

      Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.

    2. cidadanía romana / [HIST/DER ]

      Condición xurídica propia dos nacidos na cidade de Roma e que adquiriron despois, gradualmente, os nacidos noutras terras do Imperio Romano.

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á Igrexa de Roma ou á súa liturxia.

    2. Relativo ou pertencente á Igrexa católica.

  2. adx [HIST ]

    Aplícase ao súbdito dos emperadores bizantinos, reis dos romanos, ao se formar o imperio de Oriente (s VI). Tm s.

  3. adx [GRÁF ]

    Aplícase aos tipos de letra dereita, por oposición ás itálicas ou cursivas, que son inclinadas.

  4. cifra romana [HIST/MAT ]

    Signo gráfico do sistema de numeración decimal utilizado polos antigos romanos e empregado aínda nalgúns aspectos da vida cotiá.