rizoide

rizoide

riz- + -oide

Plural: rizoides
  1. adx

    Que é semellante a unha raíz.

  2. s m
    1. Filamento estéril e fixador que se atopa na parte inferior dos prótalos.

    2. Filamento dos fentos, dos briófitos e das algas que se sitúa na parte basal do gametófito que serve de elemento fixador e absorbente.

    3. Hifa especializada dos fungos saprófitos que se encarga da absorción ou da fixación.