arábigo -ga
arábigo -ga
Plural:
arábigos
Masculino:
arábigo
Masculino plural:
arábigos
Feminino:
arábiga
Feminino plural:
arábigas
-
adx
Relativo ou pertencente a Arabia ou aos árabes.
-
adx
Que vén de Arabia.
-
s
m
Lingua que falan os árabes.
-
goma arábiga
[QUÍM ]
Exsudación gomosa producida polo xénero Acacia que se emprega como adhesivo.
-
número arábigo/cifra arábiga
[MAT ]
Cada un dos signos gráficos do sistema de numeración decimal que se utilizan nos países de cultura europea.