risco

risco

riscar

Plural: riscos
  1. s m

    Trazo longo e delgado que se fai ao escribir ou debuxar, en especial o que serve para tapar ou sinalar.

  2. s m

    Corte feito nalgunha cousa cun instrumento afiado.

Confrontaciones

riscada

Formas incorrectas

rasgo

Refranes

  • A estopa preto do fogo quéimase logo.
  • Asenteime nun formigueiro: ¡douche ao diaño o asentadeiro!
  • Can que lobos mata, lobos o matan.
  • Cántaro que moitas veces vai á fonte, ou deixa no camiño a asa ou a fronte.
  • Coas bragas enxoitas non se collen troitas.
  • Deixa anda-lo can coa roca que el dará conta da mazaroca.
  • Non sabe a raposa das galiñas que dormen fóra.
  • O lume a carón da estopa, vén o diaño e sopra.
  • O que corre polo muro non vai moi seguro.
  • O que non arrisca, non pasa o mar.
  • O que non monta a cabalo nunca cae do cabalo.
  • O que non se arrisca non colle nin pisca.
  • O que non se aventura non pasa o mar.
  • Por medo aos paxariños, non deixes de sementar millo.
  • Preso por mil, preso por mil e millenta.
  • Quen cata o mel na colmea, sofre o aguillón da abella.
  • Quen máis pon, máis perde.
  • Senteime enriba dun formigueiro e nunca tiven tan mal asentadeiro.
  • Tanto vai o cántaro á fonte que ao fin se esfachica e se rompe.
  • Xusto é o mal que vén, se o busca quen o ten.

Palabras vecinas

risada riscada riscar risco risco riseiro -ra rishón