rifar

rifar

radical prerromano rif- ‘loita, loitar’

  1. v t

    Sortear un obxecto expendendo separadamente un certo número de billetes ou números.

  2. v i

    Amosar que se está enfadado ou descontento, con palabras de reproche.

  3. v i [MAR ]

    Esgazarse unha vela a causa da violencia do vento.

Sinónimos

Citas

  • Rifaron catro xamóns na festa
  • Rifo con miña nai todos os días
  • Rifoulle seu pai por non facer as tarefas

Refranes

  • Cando rifan os compadres, sábense as verdades.
  • Cando un non quere, dous non rifan.
  • Con abades non rifedes nin vos metades.
  • Dous regañados mal se bican.
  • Rifan as comadres e dinse as verdades.
  • Rifar con quen dá ocasión e xogar con quen ten diñeiro no bulsón.
Conjugar
VERBO rifar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifo
rifas
rifa
rifamos
rifades
rifan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifaba
rifabas
rifaba
rifabamos
rifabades
rifaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifei
rifaches
rifou
rifamos
rifastes
rifaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifara
rifaras
rifara
rifaramos
rifarades
rifaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifarei
rifarás
rifará
rifaremos
rifaredes
rifarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifaría
rifarías
rifaría
rifariamos
rifariades
rifarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rife
rifes
rife
rifemos
rifedes
rifen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifase
rifases
rifase
rifasemos
rifasedes
rifasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifar
rifares
rifar
rifarmos
rifardes
rifaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rifa
-
-
rifade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
rifar
rifares
rifar
rifarmos
rifardes
rifaren
Xerundio rifando
Participio rifado
rifada
rifados
rifadas