réxime

réxime

lat regimĭne

Plural: réximes
  1. s m
    1. Forma de rexer ou de gobernar.

    2. [POLÍT ]

      Conxunto de institucións políticas que constitúen a forma de goberno que adoptou un país para resolver os seus problemas políticos.

  2. s m

    Forma de administrar algo.

    1. s

      Xeito de comportarse un proceso natural continuo.

    2. réxime fluvial

      Conxunto de circunstancias hidrolóxicas que inflúen na evolución do caudal dun río ao longo do ano.

  3. s m [MED ]

    Conxunto de normas referidas á cantidade e á calidade dos alimentos a inxerir, para o mantemento da saúde ou do vigor corporal, ou ben para conseguir un determinado efecto.

  4. s m [LING ]

    Relación sintáctica entre dous elementos lingüísticos en que un depende gramaticalmente do outro.

  5. s m
    1. [TECNOL ]

      elocidade de rotación dun motor, durante un espazo de tempo determinado.

    2. Permanencia do ritmo de funcionamento dunha máquina.

    3. [FÍS ]

      Movemento en conxunto dun fluído, que pode ser laminar, en que as partículas escorregan sobre outras formando capas paralelas, ou turbulento, que se caracteriza por flutuacións irregulares na velocidade das partículas do fluído.

Sinónimos

Confrontaciones

sistema

Palabras vecinas

rexesto rexicida rexicidio réxime rexío rexio -xia rexión