revolución

revolución

lat revolutĭōne ‘xiro, volta’

Plural: revolucións
    1. s

      Cambio total ou radical.

    2. s [POLÍT ]

      Cambio drástico das institucións políticas e sociais, ou das estruturas económicas dunha sociedade.

    3. revolución demográfica [DEMOG ]

      Conxunto de cambios demográficos experimentados polas poboacións europeas durante a Revolución Industrial.

    4. revolución permanente [POLÍT ]

      Teoría formulada por K. Marx e desenvolvida por Trockij que parte da idea de que a revolución non debe aceptar ningunha forma de dominación de clase, e postula a necesidade de superar a ditadura do proletariado para chegar ao socialismo.

    1. s [FÍS ]

      Movemento de rotación dun corpo arredor dun eixe.

    2. s [FÍS ]

      olta que dá un corpo en revolución.

    3. revolucións por minuto [rpm] [METROL ]

      Unidade de velocidade angular que equivale ao número de veces que un corpo que rota en torno a un eixe volve á súa posición inicial nun minuto.

    1. s

      Movemento dun astro que describe unha órbita, arredor dun astro fixo.

    2. revolución anomalística

      mes anomalístico.

    3. revolución dracónica

      Movemento de revolución da Lúa arredor da Terra, cando se toma como orixe o nodo ascendente. O seu período é de 27 días, 5 horas, 5’ e 35,8’’.

    4. revolución sideral

      Movemento dun astro que, partindo dunha posición respecto das estrelas fixas, o volve situar na mesma posición inicial.

    5. revolución sinódica

      Movemento dun astro que, partindo dunha conxunción respecto ao Sol e á Terra ou dunha oposición, o volve situar en conxunción ou en oposición.

Refranes

  • A río revolto ganancia de pescantíns.
  • Unha mala abella revolve unha colmea I un covo.