aquel -la

aquel -la

lat *accu + ĭlle, ĭlla, ĭllud lat eccum ‘velaquí’ + ĭlle, ĭlla, ĭllud ‘aquel, aquela, aquelo’

Masculino: aquel Masculino plural: aqueis Feminino: aquela Feminino plural: aquelas
  1. dem

    Sinala a cousa ou persoa que se atopa espacialmente lonxe dos dous interlocutores.

  2. dem

    Designa o afastamento temporal con respecto a quen fala e a quen escoita. Indica anterioridade ao referente. OBS: Contrae coas preposicións en e de: naquel(es), naquela(s), naquilo, daquel(es), daquela(s), daquilo. Tamén contrae co indefinido outro, aqueloutro(s), aqueloutra(s), aqueloutros, aqueloutras (a forma neutra é aquilo, e non ten variación de número nin contrae, aquilo outro).

  3. s, sing

    Expresa algunha calidade difícil de precisar cun significado xeralmente positivo como pode ser ‘encanto, atractivo’.

Citas

  • A nosa filla é moi aquelada, sempre procura prepararse o mellor posible
  • Aqueles días xa non volverán, Aquilo que pasou xa quedou atrás
  • Co aquel da festa marchamos cedo, Coa aquela de que non sabía de que estabamos a falar, non entrou na conversa
  • Comprei unha torta de mazá e unha de kiwi: esta é máis saborosa ca aquela
  • Ese rapaz ten un aquel que engaiola, Miña nai ten unha aquela que a fai moi cariñosa
  • Non quero este libro, quero aquel que está no estante do fondo, OBS: Contrae coas preposicións en e de dando lugar ás seguintes formas: naquel(es), naquela(s), naquilo, daquel(es), daquela(s), daquilo, Tamén contrae co cuantificador outro: aqueloutro(s), aqueloutra(s) (a forma neutra non contrae aquilo outro)

Frases hechas

  • Coma aquel que. Coma se. Ex: Non vaias facer coma aquel que quer

Palabras vecinas

aquecer aquedar aqueirar aquel -la aquelado -da aquelar aquelarre