resistencia

resistencia

lat resistentĭa

Plural: resistencias
  1. s f
    1. Acción de resistir ou de resistirse.

    2. [DER ]

      Delito consistente na oposición ou rebeldía, manifestada con actos externos, a un axente da autoridade.

    1. s

      Poder ou capacidade de resistir.

    2. s [FISIOL ]

      Mecanismo de defensa natural que posúe un individuo para defenderse dun axente patóxeno, nocivo ou tóxico e evitar así a aparición da enfermidade.

    3. s [TECNOL ]

      Propiedade que teñen os corpos de soportar a acción de axentes, físicos ou químicos, sen romper ou deformarse.

    4. s [PSIC ]

      Conxunto de forzas psicolóxicas que, nun doente, se opón á súa cura.

    5. resistencia de materiais [TECNOL ]

      Rama da técnica mecánica que ten por obxecto a determinación das dimensións que teñen que ter as pezas ou os elementos das máquinas ou das construcións, de acordo coa súa forma, os materiais con que están feitos, os esforzos que teñen que soportar ou as condicións de traballo.

    1. s

      Forza que se opón á acción doutra.

    2. s [AUTOM ]

      Forza que se opón ao avance dun automóbil e que é a suma da resistencia que opón o aire e a resistencia de rodaxe, que é producida polo rozamento das rodas sobre o chan.

    3. s [AERON ]

      Forza que opón o aire ao avance dunha aeronave no seo da atmosfera.

    4. s [FÍS ]

      Forza que cómpre vencer, nunha máquina simple, mediante a aplicación de potencia.

    5. resistencia acústica [FÍS ]

      Compoñente real da impedancia acústica que, na propagación do son, expresa a propiedade atenuadora do medio.

    6. resistencia ambiental [ECOL ]

      Conxunto de factores ambientais bióticos e abióticos do medio que tenden a diminuír a supervivencia dos organismos vivos.

    1. s

      Oposición que presenta un corpo ao paso da corrente eléctrica e que provoca que a enerxía eléctrica se transforme en calor. A unidade de medida é o ohm.

    2. resistencia efectiva

      Compoñente real do vector impedancia en corrente alterna, igual ao cociente entre a compoñente da tensión en fase coa corrente e esta corrente.

    3. resistencia aparente

      impedancia.

    4. resistencia específica

      resistividade.

    5. resistencia interna

      Resistencia propia dun xerador ou dun dispositivo electrónico.

    1. s

      Elemento caracterizado polo feito de posuír unha determinada resistencia fixa e constante.

    2. resistencia magnética

      relutancia.

    3. resistencia non lineal

      Resistencia que non obedece á lei de Ohm.

  2. s f [POLÍT ]

    Oposición ás forzas invasoras dunha potencia estranxeira ou ben ao poder establecido no propio país cando se fai totalitario ou inxusto.

Refranes

  • Ata a morte, pe forte.
  • Non hai terra tan brava que resista ao arado, nin hai home tan manso que queira ser mandado.
  • O pano podre non garda puntada.