réplica

réplica

replicar

Plural: réplicas
  1. s f

    Acción e efecto de replicar.

  2. s f

    Conxunto de argumentos e palabras cos que se replica.

  3. s f [ARTE ]

    Copia dunha obra de arte que realiza o propio autor.

  4. s f [DER ]

    Escrito que presenta o actor nos xuízos ordinarios, impugnando as exencións e os medios de defensa alegados polo demandante na súa contestación á demanda.

  5. s f [XEOL ]

    Terremoto de magnitude variable que pode producirse despois doutro máis importante.

Sinónimos