repartir

repartir

re- + partir

  1. v t

    Dividir algo en partes e distribuílas entre varias persoas ou lugares.

  2. v t

    Facer que chegue algo ao seu destino.

  3. v t

    Colocar ou distribuír algo estendéndoo ou separándoo.

  4. v t

    Asignar un papel a un actor.

  5. v pron

    Dividirse para dedicarse a diferentes cousas.

  6. v pron

    Distribuírse ou situarse por diferentes lugares.

Citas

  • As súas tendas repártense por diferentes cidades
  • O carteiro repartiu as cartas con demora
  • O director repartiu os papeis e fixo de Ofelia
  • O seu tempo repártese entre a casa e a oficina
  • Reapartiron equitativamente o premio
  • Reparte ben a pintura para que cubra toda a parede