render
render
lat reddĕre ‘devolver, restituír’
-
v t
Ofrecer algo a alguén como respecto ou recoñecemento.
-
v t
Obrigar ao inimigo a entregarse despois dunha loita.
-
v t
Deixar sen forzas.
-
v i
Dar produtividade ou beneficio algo.
-
v i
Ter a sensación de que o tempo pasa moi lentamente.
-
v i
Prestar un determinado servizo de maneira proporcional á súa cantidade.
-
v pron
Darse por vencido.
Citas
- Co euro os cartos non renden coma antes
- Na carreira rendeu o que se esperaba del
- O equipo rendeulle unha homenaxe aos seus fundadores
- O tempo que estiven alí redeume coma se fosen días
- O xogadores rendéronse cando lles meteron o terceiro gol
- Os insurxentes renderon as armas
- Rendéronos pola forza
- Tanto traballo rendeunos