remuneración

remuneración

lat remuneratiōne

Plural: remuneracións
  1. s f

    Acción e efecto de remunerar.

  2. s f [ECON ]

    Cantidade recibida polo traballador en contrapartida á súa colaboración no proceso produtivo dunha empresa.

Sinónimos

Refranes

  • A quen coce e amasa non lle furtes a fogaza I masa.
  • A quen peneira e amasa non lle furtes a masa.
  • A" que coce e amasa nonlle furtes a fogaza.
  • Home morto non gaña soldo.
  • Memorias sen diñeiro molestan o pasaxeiro.
  • Moa parada non gana maquía.
  • Na terra de calquera home o que non traballa non come.
  • Non hai oficio bo nin malo que non dea de comer ao seu amo.
  • O abade onde canta é onde xanta.
  • Quen o altar sirve, do altar vive.
  • Quen ten oficio, ten beneficio que lle fai un bo servicio.
  • ¿Quen che mandou cantar, meu frade? Quen che mandou cantar, que che pague.