reminiscencia

reminiscencia

lat reminiscentĭa

Plural: reminiscencias
  1. s f
    1. Lembranza incompleta que non é recoñecida como pasado.

    2. Retorno espontáneo á consciencia dunha lembranza confusa.

  2. s f
    1. [ARTE ]

      Cousa, feito ou motivo que hai nunha obra que recorda algo doutras obras.

    2. [MÚS ]

      Peza breve ou fragmento musical baseado nunha melodía dunha obra coñecida.

  3. s f [FILOS ]

    Consciencia do home que, segundo a filosofía de Platón, ao ver os obxectos perceptibles, recorda as ideas dos seres correspondentes.