reloxo

reloxo

lat horologĭu grρολόγιον

Plural: reloxos
    1. s

      Instrumento para medir o paso do tempo e indicar as horas e outras unidades de tempo.

    2. reloxo astronómico [ASTRON ]

      Reloxo que dispón de indicadores que permiten medir o tempo sideral.

    3. reloxo de area

      Instrumento que consiste en dous recipientes de vidro unidos por un orificio moi pequeno, que permite medir o tempo en función do que tarda unha cantidade de area moi fina en pasar dun recipiente ao outro. 

    4. reloxo de cuco

      Reloxo de parede que se caracteriza pola súa decoración rústica e pola presenza dun autómata en forma de ave que aparece cos toques horarios e que emite un son de dúas frautas que imitan o canto dun cuco.

    5. reloxo de parede

      Reloxo de dimensións medianas que se colga na parede.

    6. reloxo de peto

      Reloxo portátil provisto dun elo e dunha cadea para levar no peto e asegurado mediante a cadea a unha botoeira do traxe.

    7. reloxo de pulseira

      Reloxo portátil que está provisto dunha correa para levalo posto no pulso.

    8. reloxo de sol

      Reloxo que indica a hora a través da sombra producida polo sol dun gnomon ou estilo sobre un cuadrante onde están sinaladas as horas e o calendario zodiacal ou mensual.

    9. reloxo xeolóxico [XEOL ]

      Fenómeno xeolóxico que permite fixar no tempo a idade do que viviu e se transformou na Terra.

  1. s m [TECNOL ]

    Instrumento ou dispositivo de medida e de control, que adoita formar parte de diversas máquinas ou instalacións, nas que a indicación se efectúa mediante unha ou máis agullas sobre un limbo graduado.

  2. reloxo biolóxico [FISIOL ]

    Mecanismo endóxeno que determina a entrada en actividade e a interrupción das diferentes actividades internas dun ser vivo.

Frases hechas

  • Coma un reloxo 1 Moi puntual e regular. 2 De funcionamento perfecto.

  • Contra o reloxo 1 Con moita pr

Formas incorrectas

reló