releixar

releixar

re- + antigo leixar ‘deixar’

  1. v t

    Apartar algo de si.

  2. v t

    Facer o xabre do zoco.

  3. v pron

    Retractarse da palabra dada.

  4. v pron

    Prescindir dunha cousa que se posuía.

Citas

  • Releixei no caixón os cartos que sobraran
  • Releixeime das miñas accións do banco
  • Releixouse e non declarou o pactado

Palabras vecinas

relegación relegar releiro releixar releixo relembrar relento