relatividade

relatividade

relativo

Plural: relatividades
  1. s f

    Calidade de relativo.

  2. teoría da relatividade [FÍS ]

    Conxunto de postulados e formulismos que establecen que a masa dun corpo aumenta progresivamente coa súa velocidade e, cando o corpo acada a velocidade da luz, a masa é tan grande que non pode soportar ningunha aceleración máis. Establece que todo movemento é relativo e que a masa se pode converter totalmente en enerxía, e viceversa.

Refranes

  • Algúns caen para que outros se ergan.
  • auen o seu mal tena por moito, cóntello a outro.
  • Cada cal sente o frío como anda vestido.
  • Cada un di da feira como lle vai nela.
  • Cada un fala da feira segundo lle foi nela.
  • Cada un ten o frío como ten o vestido.
  • Cegos e mancos, todos somos sans no Camiño de Santiago.
  • Debaixo da manta o mesmo é a preta cá branca.
  • Hai diferencia do que se ve a ollo ao que se ve por anteollo.
  • Leva o teo fillo ao concello: e uns diranche que é branco e outros que é negro.
  • Non hai feira mala: o que un perde outro gaña.
  • Non hai mal en que non haxa ben.
  • Non hai mal que non teña peor.
  • Non se está nunca tan ben que non se poida estar mellór, mn tan mal que non se poida estar peor.
  • O ano que é bo para a serra non é bo para a ribeira.
  • Ó escarabello os seus fillos parécenlle ouro fino.
  • O home que incha, se é mozo, sana; se é vello, na cova rincha.
  • O que aproveita a unha cousa, prexudica ás veces a outras.
  • O que é bo para o fígado é malo para o bazo.
  • O que non queiras para ti non o queiras para min / para ninguén.
  • Para que uns vivan é mester que outros morran.
  • Quen fai a casa na praza, uns dirán que é boa e outros dirán que é mala.
  • Rapaz que vela e vello que dorme, sinal é de morte.
  • Tras de tempos veñen tempos, que o mundo dá moitas voltas.
  • ¡Malla a espiña que de seu non pica!