regresión

regresión

lat regressĭōne

Plural: regresións
  1. s f

    Acción de volver cara a atrás.

  2. s f [BIOL ]

    olta dun tecido, dun órgano, dun síntoma ou dun fenómeno a un estadio anterior da súa evolución ontoxénica.

  3. s f [MAT ]

    Estudo da mellor aproximación dunha variable estatística y a partir dunha familia dada de variables estatísticas x 1 ,...,x n , mediante combinacións lineais do tipo a 1 x 1 +...+a n x n +b, buscando os denominados coeficientes de regresión a 1 , a 2 ,..., a n , b, tales que fagan mínima a distancia ao cadrado d 2 (y, a 1 x 1 +...+a n x n +b).

  4. s f [ESTRATIG ]

    Retracción ou contracción da área cuberta polo mar con relación ás terras emerxidas.

  5. s f [PAT ]

    Remisión dunha enfermidade.

  6. s f [PSIC/PSIQ ]

    Proceso inconsciente mediante o que o individuo volve a unha etapa anterior do seu desenvolvemento, como medio de defensa ante unha frustración.

  7. s f [LING ]

    Creación dun termo a partir doutro que se considera erroneamente como derivado.

  8. regresión filial [XEN ]

    Lei enunciada por Francis Galton onde establecía unha correlación entre os caracteres cuantitativos dos pais e os da súa descendencia, como medida hereditaria.  

Sinónimos

Palabras vecinas

regra regrado -da regresar regresión regresivo -va regreso regreta