redución
lat reductĭōne
-
s
f
Acción e efecto de reducir ou reducirse.
-
-
s
[HIST ]
ila destinada aos indios para conseguir un control xeral da poboación sometida, favorecer a súa conversión ao cristianismo e facilitar o control do pagamento do tributo e a realización das servidumes coloniais.
-
redución xesuítica /
[HIST/RELIX ]
Comunidade agrícola de indios guaranís creada polos xesuítas no s XVII, na parte SL de Paraguay e parte da provincia arxentina de Misiones.
-
s
[HIST ]
-
s
f
[QUÍM ]
Proceso en que o número de oxidación dun elemento diminúe a causa da ganancia dalgún electrón.
-
s
f
-
Operación mediante a que se reduce á primeira figura do siloxismo as outras figuras deste.
-
Siloxismo en que a maior premisa é evidente de seu, en tanto que a menor soamente é probable.
-
-
s
f
-
Operación coa que se establece que unha realidade ou un fenómeno determinados non son senón outra realidade ou outro fenómeno, considerados como máis reais ou fundamentais e a partir dos que quedan explicados aqueles.
-
Proceso mediante o que se deixan en suspenso todos os datos e conviccións relacionados co acto de coñecemento, para centrarse exclusivamente neste mesmo acto.
-
-
-
s
Conxunto de operacións ás que se someten os resultados dunha observación astronómica, co fin de eliminar os efectos de todos aqueles factores que poden influír sobre a exactitude da medida.
-
redución no ecuador
Diferenza entre a lonxitude astronómica do Sol verdadeira e a súa ascensión recta.
-
s
-
redución catódica/electrolítica
[FÍS/QUÍM ]
Redución que se produce no cátodo durante os procesos de electrólise a causa da cesión de electróns por parte daquel.
-
redución de capital
[ECON ]
Operación financeira pola que unha empresa diminúe o seu capital social.
-
redución de fraccións a un común denominador
[MAT ]
Operación que consiste en multiplicar o denominador e o numerador de cada fracción polo número axeitado, co fin de que todas as fraccións resulten co mesmo denominador.
-
redución no horizonte
[XEOG ]
Operación que consiste en atopar o valor da distancia horizontal que corresponde á distancia real entre dous puntos do terreo, multiplicando esta última distancia polo coseno do ángulo da pendente do terreo.