rede
lat rete
-
s
f
[PESCA ]
Aparello de pesca, constituído por un tecido con nós finos que forman un retículo cadrado ou romboidal, que se emprega para pescar.
-
s
f
Tecido feito con diversos materiais que se entrelaza ao xeito do aparello de pesca e que ten diversos usos.
-
-
s
Conxunto de elementos ou instalacións que se comunican e entrelazan entre si.
-
s
[ZOOL ]
Entrecruzamento que presentan certas estruturas anatómicas como as fibras, os nervios ou os vasos.
-
rede cristalina /
[XEOL/FÍS ]
Estrutura interna que presentan certas substancias, con forma de rede tridimensional e na que os nós son ocupados polos átomos.
-
rede de difracción
[FÍS ]
Superficie transparente ou reflectora na que se grava un conxunto de estrías ou trazos rectilíneos, idénticos, paralelos e equidistantes, que se emprega xeralmente como sistema dispersor de radiación policromática.
-
rede hidrográfica
[XEOG ]
Conxunto de cursos de auga xerarquizados que inclúe os ríos, os seus afluentes e os tributarios destes.
-
rede local
[INFORM ]
Rede informática que permite a conexión sen liñas telefónicas de varios ordenadores e terminais da rede pública.
-
s
-
s
f
Grupo de persoas dunha organización que levan a cabo algunha acción, xeralmente secreta ou ilegal.
-
s
f
Argucia con que se pretende enganar a alguén.
-
rede xeodésica
[XEOG ]
Estrutura básica na que se apoian os levantamentos cartográficos dun territorio.