recto -ta

recto -ta
Plural: rectos Masculino: recto Masculino plural: rectos Feminino: recta Feminino plural: rectas
    1. adx

      Que non cambia de dirección.

    2. adx

      Aplícase á persoa que non se desvía do seu deber nin do que é correcto.

    3. adx [MAT ]

      Que ten o eixe ou as arestas laterais perpendiculares á base.

    4. adx

      Aplícase ao dereito dun folio ou dunha carta, por oposición a verso.

  1. s m
    1. [ZOOL ]

      Última parte do tubo dixestivo dos vertebrados, que acaba no ano ou na cloaca.

    2. [ANAT ]

      Segmento terminal do intestino groso do home, de traxecto máis ou menos rectilíneo, que se prolonga ata o orificio do ano.

    3. [ZOOL ]

      Último tramo do tubo dixestivo dalgúns invertebrados, como os moluscos e os insectos.