realismo
2 real
-
s
m
-
Calidade de realista.
-
Exactitude na maneira de representar a realidade.
-
-
s
m
[ARTE/LIT ]
Actitude estilística e estética que procura elaborar formas artísticas con adecuación aos aspectos da realidade, e que se caracterizou por querer representar as cousas tal e como eran na realidade, sen embelecelas, e como reacción ao Romanticismo.
-
s
m
[FILOS ]
Doutrina, oposta ao idealismo, segundo a que o suxeito cognoscitivo capta unha realidade que existe independentemente del e que, ao adoptalo, lle manifesta a súa maneira de ser.
-
realismo máxico
[LIT ]
Tendencia narrativa que naceu na segunda metade do s XX en Latinoamérica. O narrador e os personaxes aceptan o extraordinario como parte da realidade, polo que o cotián se transforma en extraordinario e o extraordinario pasa a ser cotián.
-
realismo socialista
[ARTE/LIT ]
Método artístico baseado na descrición fiel da realidade nun contexto histórico concreto, baixo unha tendencia ideolóxica definida, que educa a sociedade e a faculta para a construción do comunismo.