ravo
ravo
lat raphănu gr ράφανος
-
s
m
[PLANTA ]
Planta herbácea anual ou bienal, da familia das brasicáceas, que presenta a raíz napiforme, carnosa e comestible, coas follas lanceoladas e dentadas, as flores brancas e violáceas, en acios, e os froitos en sílicua grosa.
-
ravo rústico
[PLANTA ]
Planta herbácea perenne, da familia das brasicáceas, que presenta o talo e a raíz engrosadas e carnosas, con follas basais moi grosas, oblongas e festonadas, e con follas caulinares lanceoladas atravesadas ou pinnatífidas, con flores brancas, en acios, e con froitos en sílicua.
-
s
m
[BOT ]
Raíz comestible do ravo.