rata

rata

1 rato

Plural: ratas
  1. s f [ANIMAL ]

    Mamífero roedor, da familia dos múridos, dos xéneros Rattus e Arvicola.

  2. rata de auga [ANIMAL ]

    Roedor, da familia dos micrótidos, coa cabeza grande, corpo robusto e macizo.

  3. rata común/de sumidoiro [ANIMAL ]

    Roedor, da familia dos múridos, de cola e orellas curtas e pelame suave, cunha gran fecundidade e resistencia ás condicións adversas.

  4. rata negra/de campo [ANIMAL ]

    Roedor, da familia dos múridos, de cola longa e con moitos aneis, orellas grosas e pelame áspera de cor escura.