aposición

aposición

lat appositiōne ‘xuntanza’

Plural: aposicións
  1. s f [LING ]

    Xustaposición de dúas palabras ou dous grupos coa mesma categoría gramatical, na que a segunda destas palabras serve para completar o significado da primeira.

  2. s f [BIOL ]

    Engrosamento da membrana celular polo depósito superficial de diversas substancias.