raíz

raíz

lat radīce

Plural: raíces
  1. s f [BOT ]

    Órgano das plantas superiores, de simetría radiada, sen follas, e provisto de elementos condutores, especializado na fixación da planta e na absorción de auga e de substancias químicas disoltas nela.

  2. s f
    1. Fascículo de fibras nerviosas que forma parte dun tronco nervioso.

    2. Parte dunha formación anatómica que se implanta nun tecido.

  3. s f

    Causa e orixe dunha cousa.

  4. s f [LING ]

    Elemento etimolóxico dunha palabra que constitúe o núcleo dunha familia de vocábulos e indica o significado fundamental destes.

    1. raíz dunha ecuación

      alor da cantidade descoñecida que resolve unha ecuación. OBS: Tamén se denomina solución ou cero da ecuación.

    2. s

      Cantidade x que, tomada como factor de certo número de veces n, dá como produto unha cantidade determinada a. Exprésase como x = n?— a, onde a é o subradicando, x a raíz e n o índice. Esta expresión equivale a xn = a.

Palabras vecinas

raira rairo rais raíz raizame rajasthani rajon*