apoloxía

apoloxía

gr ἀ πολογία ‘defensa, xustificación’

Plural: apoloxías
  1. s f

    Discurso ou escrito xustificativo en defensa ou gabanza dalgunha persoa ou causa.

  2. s f [FILOS/RELIX ]

    Defensa de determinadas verdades da fe cristiá ante as obxeccións de quen as negue coa intención de demostrar a compatibilidade destas verdades coa razón.

  3. apoloxía do delito [DER ]

    Apoloxía dos feitos ilícitos ou dos culpables destes considerada pola doutrina como unha forma atenuada de indución.