quiste

quiste

gr κύστις ‘vexiga’

Plural: quistes
    1. s

      Produción patolóxica que se desenvolve en diversos lugares do organismo, en forma de bolsa pechada, e que está provista dunha membrana cun contido líquido ou semilíquido.

    2. quiste hidatídico

      Quiste que está formado polo crecemento dunha larva da tenia do xénero Echinococcus no fígado e no pulmón.

    3. quiste ovárico

      Saco tumoral cheo de líquido ou dun material semisólido que se desenvolve sobre ou dentro do ovario.

  1. s m [BIOL ]

    Forma de resistencia de moitas algas, bacterias e protozoos, que se caracteriza pola acumulación de substancias de reserva, diminución de volume, deshidratación e formación dunha cuberta protectora e illante.

  2. s m [BIOL ]

    Membrana resistente, grosa e impermeable que envolve ás células que se atopan en estado de vida latente.

Formas incorrectas

ciste