queixo

queixo

lat casĕu

Plural: queixos
  1. s m

    Alimento sólido que se obtén callando o leite e separando a parte líquida.

  2. s m

    Peza, xeralmente de forma circular, que se fai con este alimento.

Refranes

  • Do queixo non me queixo, que me queixo do que deixo.
  • No mes de abril fai queixos mil e no mes de maio fai tres ou catro.
  • No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro.
  • O cardo e o queixo, ao peso.
  • O queixo e o barbeito en abril ou maio sexa feito.
  • O queixo mellor é fresco, porque non está tan seco.
  • O queixo san é o que dá o avaro.
  • Tanto pan como queixo e tanto queixo como pan, ben o como se mo dan.