queimador -ra
queimador -ra
Plural:
queimadores
Masculino:
queimador
Masculino plural:
queimadores
Feminino:
queimadora
Feminino plural:
queimadoras
-
adx
Que queima.
-
-
s
Peza metálica, xeralmente tubular, soa ou incluída nun aparato máis complexo, que bota unha chama polo seu extremo que serve para iluminar ou quentar.
-
s
Cada unha das pezas que está sobre a cociña de gas, por onde sae e arde o combustible.
-
s
[FÍS ]
Aparato que se utiliza para mesturar un combustible con aire ou osíxeno ou para ser queimado.
-
queimador Bunsen
[QUÍM ]
Queimador que se utiliza en traballos de laboratorio que ten unha entrada de aire regulable mediante un anel xiratorio.
-
s
-
s
m
[FÍS ]
Dispositivo de inxección do combustible na cámara de combustión dunha turbina e que, xunto cun sistema de regulamento, permite o axuste e a limitación da súa velocidade e a restrición da temperatura de entrada do gas.