púrpura
lat purpŭra
-
adx
Que é de cor vermella escura tirando a violeta. Tm s m, referido a cor.
-
s
f
[QUÍM ]
Materia colorante vermella que antigamente se extraía da cuncha da púrpura. OBS: Tamén se denomina púrpura de Tiro.
-
s
f
[ANIMAL ]
Molusco gasterópodo mariño, dos xéneros <i>Murex e Purpura</i>, da familia dos murícidos, que presenta unha cuncha grosa e ovada de cor vermella e que carece de opérculo.
-
s
f
-
[HIST ]
Banda purpúrea que os romanos superpoñían á túnica e que indicaba a pertenza á orde senatorial ou á orde ecuestre.
-
[HIST/RELIX ]
estido de cor púrpura que era prerrogativa dos emperadores bizantinos e actualmente dos cardeais.
-
[HIST ]
-
s
f
[PAT ]
Enfermidade que se manifesta por unha erupción espontánea de manchas hemorráxicas na pel cun signo predominante e que se debe a trastornos da fase vascular ou da coagulación.