aplicación
aplicación
lat applicatiōne
-
s
f
Acción e efecto de aplicar ou aplicarse.
-
s
f
Posibilidade de servir ou ser utilizado para algo.
-
s
f
[TÉXT ]
Ornamentación que se pon sobre unha peza de roupa para enfeitala.
-
s
f
[MAT ]
Correspondencia entre dous conxuntos onde todo elemento do primeiro conxunto ten unha soa imaxe no segundo conxunto.
-
s
f
[DER/ECON ]
Operación bolsista na que se unen ordes de signo contrario.
-
s
f
[FILOS ]
Adaptación do sentido dunha situación e momento concretos desde os que se exerce a comprensión do texto interpretado.
-
aplicación lineal
[MAT ]
Aplicación establecida entre dous espazos vectoriais, E e F, de xeito que para dous elementos calquera x, y de E cúmprese: f(x+y)=f(x)+f(y) e f(λx)= λf(x) onde λ é un escalar.
Sinónimos
Citas
- A súa aplicación no estudio levouna ao doutoramento
- A túa cazadora leva unhas aplicacións de flores
- Unha das aplicacións do algodón é a confección