público -ca

público -ca

lat publĭcu

Plural: públicos Masculino: público Masculino plural: públicos Feminino: pública Feminino plural: públicas
  1. adx

    Que é visto, sabido ou coñecido por todos.

  2. adx

    Que pertence á colectividade ou está relacionada con ela.

  3. adx

    Que pode ser usado por todo o mundo.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao estado ou á súa administración.

    2. sector público

      Ámbito da actividade económica que controla o estado, ou no que participa, xa sexa directamente ou mediante instancias públicas pospostas.

  4. adx

    Aplícase a unha persoa que é coñecida por todos polas actividades ás que se dedica.

  5. s m
    1. Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo ou que participan en determinados actos.

    2. Conxunto de persoas que teñen unha afección común.

  6. pública honestidade [RELIX ]

    Impedimento dirimente do matrimonio canónico que ten lugar entre o home e os consanguíneos da muller coa que conviviu en matrimonio inválido.

Citas

  • Ao rematar a función saudaron o público
  • As listas de admitidos están expostas ao público no taboleiro de anuncios
  • Convocaron unhas oposicións para a administración pública
  • É un personaxe público que sae nas revistas do corazón
  • Era unha fundación de interese público, Non figura o prezo de venda ao público
  • O parque era de uso público
  • Pensaba que ninguén o sabía, pero xa era algo público