puberdade

puberdade

lat pubertāte

Plural: puberdades
    1. s

      Período da vida que está comprendido entre o momento da aparición dos primeiros caracteres sexuais secundarios e a consecución da fertilidade.

    2. puberdade precoz [PAT ]

      Desenvolvemento prematuro dos órganos reprodutores e dos caracteres sexuais secundarios.

  1. s f [DER ]

    Momento da vida dunha persoa física a partir do que, estando suxeito aínda á minoría de idade, pero superando os 14 anos, xa pode intervir nalgún negocio xurídico ou en actuacións xudiciais.

Sinónimos

Confrontaciones

adolescencia

Formas incorrectas

pubertade

Palabras vecinas

pub* pube pubela puberdade púbere pubescencia pubescente