psicoloxía

psicoloxía

psico- + -loxía

Plural: psicoloxías
    1. s

      Ciencia que estuda a constitución anímica ou vital e o comportamento dos animais e do home.

    2. s

      Ciencia que estuda a constitución, o comportamento e os estados de consciencia da persoa, considerada individualmente ou ao mesmo tempo, como un membro dun grupo social.

    3. psicoloxía animal

      Ciencia que estuda a natureza e o comportamento específico dos animais.

  1. s f
    1. Todo aquilo que se refire ou pertence á alma ou psiquismo do home ou ao principio dos animais.

    2. Conxunto de trazos psíquicos, de carácter e de comportamento que definen a maneira de ser dunha persoa ou dun grupo social.