proxección

proxección

lat proiectĭōne

Plural: proxeccións
  1. s f

    Acción e efecto de proxectar.

    1. s

      Sistema de representación da superficie terreste sobre unha superficie plana.

    2. proxección cilíndrica

      Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un cilindro que envolve a Terra e o desenvolve para que apareza nun mapa plano.

    3. proxección conforme

      Proxección que mantén no mapa a forma real do representado sen presentar ningunha deformación angular.

    4. proxección cónica

      Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un cono e desenvolvelo posteriormente sobre un mapa plano.

    5. proxección de Mercator

      Proxección, derivada da proxección cilíndrica, en que as coordenadas dos puntos do mapa se obteñen a partir das coordenadas dos puntos do globo mediante unha certa transformación de coordenadas.

    6. proxección equidistante

      Proxección que conserva a relación entre as distancias pero non son conformes nin equivalentes.

    7. proxección equivalente

      Proxección que representa as áreas da superficie terrestre a escala relativa correcta aínda que con algunhas deformacións.

    8. proxección plana

      Proxección que se forma ao transferir a rede xeográfica dun globo a un plano.

    9. proxección

      Proxección en que o cilindro sobre o que se proxecta é tanxente ao globo por dous meridianos opostos, que forman o denominado meridiano central da proxección. OBS: Tamén se denomina proxección transversal de Mercator.

  2. s f [MAT ]

    Sistema de representación empregado para obter sobre un plano a imaxe dos obxectos, de maneira que a cada punto da imaxe representada, denominada tamén proxección, corresponda un punto do obxecto.

  3. s f [PSIQ ]

    Proceso defensivo inconsciente, en psicanálise.

  4. proxección demográfica [DEMOG ]

    Cálculo probabilístico do futuro dunha poboación ou de parte dela, segundo unhas hipóteses.

  5. proxección estereográfica [XEOL ]

    Método para representar en dúas dimensións a posición dun plano ou dunha liña que se sitúa en tres dimensións.