provincia

provincia

lat provincĭa

Plural: provincias
    1. s [XEOG/ADM ]

      Unidade administrativa territorial de primeiro grao propia de moitos estados.

    2. s [HIST ]

      Territorio sometido á xurisdición dun maxistrado romano na Antiga Roma, que correspondía aos termos xenéricos de rexión, nación.

    3. s [DER/RELIX ]

      Conxunto de mosteiros ou conventos de cada unha das ordes relixiosas que ocupan un territorio e que dependen dun mesmo superior ou provincial.

    4. provincia eclesiástica / [DER/RELIX ]

      Circunscrición territorial máis ampla das circunscricións eclesiásticas, constituída por un grupo de dioceses, territorialmente contiguas, e administrada por un arcebispo ou metropolitano.

    5. provincia relixiosa [RELIX ]

      Circunscrición territorial propia de ordes e congregacións relixiosas, máis grandes ca as divisións administrativas dos estados.

  1. s f [ECOL ]

    División fitoxeográfica inferior á rexión, en que abundan os endemismos a escala de xénero e especie.

  2. provincia petrolóxica [XEOL ]

    Rexión natural onde as rochas correspondentes a determinados ciclos de actividade ígnea se caracterizan individual e colectivamente pola súa composición química e mineralóxica, pola súa textura e estrutura, pola xénese, polas alteracións e por todo aquilo que indique comunidade de orixe e analoxía de evolución.