providencia

providencia

lat providentĭa

Plural: providencias
  1. s f

    Previsión e coidado que ten Deus do proceso do mundo e da existencia dos homes.

  2. s f

    Medida que se toma por adiantado para previr unha necesidade futura ou posible.

  3. s f [DER ]

    Resolución que dita un xuíz en casos de pouca transcendencia, sen expresar os motivos.

Citas

  • Tomaron todo tipo de providencias por se había unha enchente

Refranes

  • A cada un dálle Deus frío como anda vestido.
  • Cada un coida do seu negocio e Deus do de todos.
  • Nace a criatura coa súa ventura.
  • Os nenos e os tolos, gárdaos Deus a todos.