prótese

prótese

gr πρόθεσις

Plural: próteses
  1. s f
    1. Substitución dun órgano ou dunha parte dun órgano por unha peza ou un aparato especial que reproduce máis ou menos a parte que falta.

    2. Peza ou aparato artificial con que se realiza unha prótese.

    3. Parte da cirurxía que trata a prótese.

  2. s f [LING ]

    Adición ao comezo dunha palabra dun fonema non etimolóxico.

  3. s f
    1. [RELIX ]

      Preparación dos pans e do cáliz ao inicio da celebración eucarística, en diversas liturxias orientais.

    2. [ARQUIT/RELIX ]

      Pequeno espazo, construído ao lado da ábsida principal de moitas igrexas primitivas e de rito bizantino, que forma unha ábsida menor onde os fieis depositaban as ofrendas para a celebración da misa.

Sinónimos