proporcionalidade

proporcionalidade

lat proporcionalĭtāte

Plural: proporcionalidades
  1. s f

    Calidade de proporcional.

  2. factor de proporcionalidade [MAT ]

    alor constante da razón de dúas cantidades proporcionais.

Refranes

  • A albarda debe ser conforme ao burro.
  • A bo capelán, mellor sacristán.
  • A bo cu, bo peido.
  • A cada un dálle Deus o frío conforme ande vestido.
  • A pequeno almallo, pequeno chocallo.
  • A pequeno paxariño, pequeno niño.
  • A pequeno pote, pequeno guisote.
  • A pequeno pucheirote, pequeno guisote.
  • A pequeno santo, pequeno rezado.
  • A ruín abade, ruín monaguillo.
  • A santo pequeno, vixilia grande.
  • A tal forma, tal zapato; e a tal zapato, tal forma.
  • Cabaleiro, en bo cabalo; en ruín, nin bo nin malo.
  • Cada martes ten o seu domingo.
  • Cal é o can, tal é o dono.
  • Como canta o abade, respóndelle o sancristán.
  • De tal man tal é o que se dá.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan.
  • Moita vela, pouco vento.
  • Non hai ola tan fea que non tope a súa tapadeira.
  • Ó mal capelán, peor sacristán.
  • Onde vexas orella mete cebada e onde non vexas corpo non poñas carga.
  • Segundo sexa o burro, ten que ser a albarda.
  • Tal é o carro, tales son os fungueiros.
  • Tanto queixo como pan non se debe dar.