programa
lat programma gr πρ ὁ γραμμα
-
s
m
Exposición, oral ou escrita, dos obxectivos ou intencións que se perseguen por parte dunha persoa, dun partido político ou doutra organización.
-
s
m
-
Serie ordenada das distintas partes dun acto ou espectáculo.
-
Elenco dos espectáculos, emisións de radio ou televisión, que se presentan nun momento ou período determinado ou en relación a unha iniciativa determinada.
-
Escrito ou impreso explicativo dun acto ou espectáculo.
-
-
s
m
Cada unha das partes independentes que se emite pola radio ou a televisión e que forma parte da programación dese medio de comunicación.
-
s
m
Conxunto de temas que constitúen a materia dun curso ou exame.
-
-
s
Conxunto de instrucións codificadas e datos que se introducen nun ordenador para a resolución dun problema determinado.
-
s
software.
-
programa de diagnose
Programa que serve para localizar fallos do equipo ou erros humanos presentes nun programa.
-
programa de servizo
Programa, normalmente integrado no sistema operativo, que facilita unha parte das tarefas a outros programas.
-
s
-
música de programa
[MÚS ]
Música inspirada en elementos non musicais, como argumentos literarios, temas pictóricos ou fenómenos da natureza.