pródigo -ga
pródigo -ga
lat prodĭgu
-
adx
Que gasta sen medida os bens ou os cartos.
-
adx
Que é moi xeneroso.
-
adx
Que produce algo en abundancia.
-
fillo pródigo
[RELIX ]
Personaxe dunha parábola dos Evanxeos que, tras un tempo de mala vida, volve arrepentido ao camiño recto.