procurador -ra

procurador -ra

lat procuratōre

Plural: procuradores Masculino: procurador Masculino plural: procuradores Feminino: procuradora Feminino plural: procuradoras
  1. s

    Persoa que obra en representación e co poder legal doutro.

  2. s

    Persoa que representa a outra nun xuízo.

  3. s [RELIX ]

    Persoa que se encarga dos asuntos económicos en certas comunidades e congregacións relixiosas.

  4. s m [HIST ]

    Representante das vilas na Corte en Castela-León, durante a Baixa Idade Media.

  5. procurador da fe [DER/RELIX ]

    Crego que efectúa as funcións civís ante o tribunal da Rota Romana.

  6. procurador de oficio [DER ]

    Persoa designada por quenda e nomeada polo colexio de procuradores, que representa nos xuízos civís os litigantes e nas causas penais os querelantes.

  7. procurador nas Cortes [POLÍT/HIST ]

    Deputado nas Cortes en España, a partir do Estatuto Real de 1834 ata a Lei de Reforma Política de 1977.

  8. procurador xeral
    1. [HIST ]

      Representante do monarca en todos os seus negocios.

    2. [DER ]

      Fiscal xeral dun estado ou do máximo tribunal xurídico que exerce as funcións do ministerio público.

    3. [RELIX ]

      Relixioso que se encarga dos intereses xerais da propia orde.