procedemento

procedemento

1 proceder

Plural: procedementos
  1. s m

    Xeito de proceder ou obrar para conseguir un resultado.

    1. s [DER ]

      Conxunto de regras que determinan a actuación por trámites xudiciais ou administrativos para a consecución dun fin.

    2. s [DER ]

      Concatenación lóxica dos actos efectuados nun proceso, ben polas partes, ben polo tribunal.

    3. procedemento administrativo / [DER/ADM ]

      Conxunto de actos ou trámites a través dos que se produce a vontade administrativa para o cumprimento dun fin de interese público.

    4. procedemento contencioso-administrativo / [DER/ADM ]

      Recurso seguido ante a xurisdición contencioso-administrativa sobre as pretensións presentadas con relación aos actos da administración pública suxeitos ao dereito administrativo e ás disposicións de categoría inferior á de lei.

    5. procedemento de oficio [DER ]

      Obrigación que teñen os xuíces de tomar a iniciativa nalgúns asuntos civís ou criminais.

    6. procedemento económico-administrativo / [DER/ADM ]

      Procedemento para a tramitación e resolución das reclamacións sobre actos de xestión, inspección e recadación tributaria.

Sinónimos

Confrontaciones

método, protocolo