principio

principio

lat principĭu

Plural: principios
  1. s m

    Momento ou lugar en que comeza algo.

  2. s m

    Regra que rexe o comportamento dunha persoa.

    1. s

      Axioma ou postulado.

    2. s

      Aquilo de onde unha cousa procede, ou elemento de que consta unha cousa.

    3. s

      Cada unha das causas a partir das que está constituída a realidade.

    4. principio da dualidade indefinida

      Segundo dos principios da realidade, de acordo coa doutrina dos principios de Platón, principio de todo cambio, desigualdade e multiplicidade.

    5. principio último

      Deus como causa do universo, do que é creador, conservador e ordenador e ao que lle dá o seu sentido.

  3. s m [FÍS ]

    Enunciado dun proceso físico soportado por un razoamento lóxico que se considera orixe de todos os fenómenos derivados deste proceso físico.

  4. s m [QUÍM ]

    Corpo que está presente na composición dunha mestura natural, especialmente se é característico dela ou lle confire algunha particularidade.

  5. principio de Arquímedes [FÍS ]

    Principio segundo o que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional aplicada ao metacentro, igual ao peso do fluído desaloxado.

  6. principio de Bernoulli [FÍS ]

    Expresión matemática da lei de conservación da enerxía para fluídos perfectos segundo a que ao producirse nun fluído unha corrente estacionaria, a suma da presión estática e da presión dinámica mantense constante ao longo dunha liña de corrente.

  7. principio de Carnot [FÍS ]

    Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor.

  8. principio de Clausius [FÍS ]

    Un dos enunciados da segunda lei da termodinámica segundo o que non é posible facer pasar calor desde un corpo frío a outro máis quente sen ter que realizar un traballo.

  9. principio de D’Alembert [FÍS ]

    Principio diferencial da mecánica segundo o que a forza de inercia dun punto material se equilibra coa resultante das forzas sobre el aplicadas, nun sistema non sometido a forzas de fricción.

  10. principio de Fermat [FÍS ]

    Principio da óptica xeométrica que establece que o camiño óptico que percorre un feixe luminoso entre dous puntos ten un valor extremo, máximo ou mínimo, respecto a calquera outro camiño óptico que se poida considerar entre estes dous puntos.

  11. principio de Huygens [FÍS ]

    Principio segundo o que todo punto do espazo ao que chega unha onda se converte nun novo foco emisor de ondas secundarias, de maneira que a onda que vai avanzando é a resultante das producidas polos puntos que xa sobrepasou.

  12. principio de Le Chatelier [QUÍM ]

    Principio segundo o que, nun sistema químico en equilibrio sometido a circunstancias esóxenas perturbadoras, o equilibrio tende a desprazarse no sentido de contrarrestar a acción producida. OBS: Tamén se denomina lei do desprazamento de equilibrio.

  13. principio de Maupertuis [FÍS ]

    Principio que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningunha referencia ao tempo. OBS: Tamén se denomina principio de mínima acción.

  14. principio de non-intervención [DER ]

    Principio polo que un estado se compromete a non inmiscirse nos asuntos internos doutro.

  15. principio de Pascal [FÍS ]

    Principio segundo o que a presión exercida en calquera punto dun fluído, que enche totalmente o espazo que o limita, se transmite en todas as direccións.

  16. principio de relatividade de Galileo [FÍS ]

    Principio que establece que as leis que gobernan os fenómenos mecánicos en dous sistemas de referencia S e S’, provistos dun movemento relativo rectilíneo e uniforme, teñen a mesma forma.

  17. principio de Torricelli [FÍS ]

    Principio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio situado nun nivel h baixo da superficie libre de líquido é a mesma que tería en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v= ?—2—gh, sendo g a aceleración da gravidade.

  18. principios xerais do dereito [DER ]

    Normas xurídicas de carácter xeral que disciplinan o mundo xurídico dunha determinada comunidade, que non están formuladas por escrito e que adoitan ser invocadas ante os tribunais.

Sinónimos

Citas

  • Din que os principios da humanidade puideron estar en África
  • Espero que teñas un bo principio de ano
  • Non ten principios morais
  • O principio de Arquímedes
  • Os principios dunha doutrina
  • Pasou moitas dificultades ao principio do seu traslado, Tivo un principio de bronquite

Frases hechas

  • En principio loc adv Indica que se acepta algo de maneira provisional.

Refranes

  • Cada principio ten a súa fin.
  • Cada principio ten o seu remate.